valado

Construción vertical non moi alta, de pedra, arame, terróns ou outro material coa que se cerra ou delimita un espazo

Etimoloxía

Voz que bebe da latina vallātus ‘protección’, ‘defensa’.

Exemplos *

“A perdiz anda no monte, / o perdigón no valado, / a perdiz anda decindo:/ —Ven acó, meu namorado.” (Luís Tobío Campos: Colección de Cantigas da Mahía, 1985)

“—Pousa o saco no valado./ —Moi cansada non che veño./ —Anda, que che hei de decir o cariño que che teño.” (AA.VV.:  A carón do lume, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.