Persoa que protexe, ampara ou presta auxilio a outra
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “valer” que procede do vocábulo latino valere ‘ser forte’ ou ‘ter valor determinado’.
Exemplos *
“Antígona e Ismene son as miñas valedoras nestas horas escuras, pero eles, Eteocles e Polinices, parecen aguilloados por unha fame que todo o anubra e todo o apodrece.” (Quico Cadaval e Xavier Lama: Memoria de Antígona, 1988)
“Moi distinto era o caso dos condes, desconfiados nun primeiro momento sobre cal das dúas había ser mellor valedora para seus intereses. Só Pedro acertou a definir o partido sen o menor receo, amparando decidido a causa de Xoana, que tamén era a do rei de Portugal, tal e como marcaba por aqueles días a política da Corte.” (Francisco Xabier Iglesias López: O soño do falcón, 2003)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.