valgada

Parte máis baixa dun val por onde corren as augas naturais da chuvia, dos mananciais etc. / Val pequeno

Etimoloxía

Voz que se forma desde o equivalente latín vulgar *vallicata que remite ao termo latino vallem ‘val’.

Exemplos *

“Subimos outeiros, baixamos valgadas, atravesamos regueiras que deitaban auga entre os petóns, esvarei nunha rocha mollada e esfolei unha man, e non cruzamos nin unha soa palabra.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

“O primitivo núcleo urbano seguiría así unha curva de nivel sobre o suco causado pola disección e a valgada do regueiro das Burgas, que quizais coincidira coa vía romana de tempos de Caracalla, que desde Baños de Bande pasaba por este val cara a Lugo.” (Marcos Valcárcel: Historia de Ourense, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.