valixa

Bolsa de coiro na que se porta a correspondencia

Etimoloxía

Palabra tomada do italiano valigia ‘maleta’.

Exemplos *

“O coche de liña, ou correo, traía e levaba unha valixa de coiro coas cartas dos paisanos de cada aldea con fillos ou parentes na Arxentina, Cuba ou Caracas.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

“Tomei prestado este título de Álvaro Cunqueiro, da obra A noite vai coma un río, naquel lamento do Correo que di así: " Queiman as cartas os soldados, arrouban nas valixas por se veñen letras con noticias de tesouros, ¡ Ai, demo de guerra !” (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas / Prólogo, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.