Construción vertical non moi alta, de pedra, arame, paus, terróns ou outro material, coa que se cerra ou delimita un espazo
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latín vallum ‘estacada’.
Exemplos *
“Buxos que xa contan sigros / e que xuntos verdeguean / formando de rama e troncos / valos que naide atravesa, / e nos que moi descansadas / fan o seu niño as culebras.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
“Hai que deprender estonces, / por non morrer, coitadiña, / ao pé dun valo tumbada / e de todos esquencida, / o chío dos paxariños, / o recramo das pombiñas, / o ben falar que comprase, / a humildá mansa qu'obriga.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


