valse

Danza de ritmo ternario executada por unha parella que se despraza dando voltas / Música desta danza

Etimoloxía

Denominación que chega desde o francés valse, que bebe no alemán Walzer, derivado do verbo walzen 'dar voltas'.

Exemplos *

“O homenaxeado perdera o sentido do tempo, nos brazos dunha lanzal funcionaria; coa que danzaba moi entalado os valses e os pasodobres tan agarrados daquela época.” (Borobó: A Nosa Terra, 3-10-2002)

“Había que pagar unha entrada, que valía 1 ou 2 pesetas, e había moita xente. Bailábamos de todo, valses, pasodobres e tangos, pois á xente gustáballe moito e case todos se defendían bailando.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.