vangardismo

Conxunto de correntes artísticas ou estéticas renovadoras e innovadoras con respecto á súa época.

Etimoloxía

Fórmase este vocábulo sobre a palabra vangarda que procede do francés avant-garde que significaba na linguaxe militar 'diante da garda'.

Exemplos *

""Este feito _comenta o autor_ xustifica tanto o interese pola relación e coincidencias biopoéticas existentes entrambos autores coma o seguimento da débeda lírica que estes contraeron co barco insignia do vangardismo galaico: Manuel Antonio"." (O Correo Galego 03-12-2000)

"Canda eles lemos na revista La Centuria algúns nomes do Vangardismo, co que Risco contactou en Madrid, como Rafael Cansinos Assens ou o galego Evaristo Correa Calderón; ou do ocultismo, como Mario Roso de Luna." (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.