varal

Vara ou pau longo e groso, en particular o que se utiliza para varexar as árbores

Etimoloxía

Voz que se forma sobre “vara” que procede do latín varam ‘traveseiro’.

Exemplos *

“Un home, entrado en carnes e anos, (...) chántase, coa cachaza de quen goza do equilibrio do contacto coa natureza, na cancela que hai ó pé da árbore. Véndonos apañar do chan os froitos, achégase cun varal e colle un mando deles directamente das pólas indicándono-la bondade do seu consumo.” (Xavier Queipo: Ringside, 1993)

“Volveuse desconfiada. Non durmía na casa. Pasaba as noites alí, ao pé da figueira, cun cesto de xeixos e o varal de catro metros que usaba para apurrar a todo canto se achegase a aqueles figos.” (Suso Lista: Charamuscas, 2027)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.