Armazón de balaústres, barras ou elementos similares que a modo de protección se coloca en balcóns, escaleiras etc.
Etimoloxía
Palabra de orixe indoeuropea, quizais vinculada co sánscrito varanda ‘barreira’.
Exemplos *
“Na xa vella varanda / entapizada d'hedras e de lirios / foise a sentar calada-e tristemente / frente do tempro antigo.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
“Debrúzase na varanda e volve atrás os ollos, ao reencontro dun pasado que nunca ha volver.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


