Acción de varear as pólas dunha árbore, en particular os castiñeiros
Etimoloxía
Vocábulo que procede de “varear” e este, á súa vez, de “vara” que bebe do latín vara ‘bastón que sostén a rede’.
Exemplos *
“Cando maduran os ourizos ábrense en catro valvas e as castañas centrais van caendo, as demais vanse recollendo polo sistema de vareo, polo que se agarda á última hora para non danar as follas e as xemas.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico), 1994
“Un día calquera, tras axudar no vareo das castañas, meteuse na cama, pediu que lle puxesen unhas sambesugas nun costado, e que lle desen conversación.” (Álvaro Cunqueiro: Escola de menciñeiros, 1960)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.