vario -a

De distinta índole ou especie.

Etimoloxía

Evolucionou a partir do latín varius, -a, -um 'de distintas cores' e tamén 'diverso' ou 'inconstante'.

Exemplos *

"… a categoría "o outro", varia ou vario, é como unha garantía, unha táboa de salvación para a poeta, que descansa, que na creación poética hai moito de obsesión, e tamén para o lector." (Xosé M. Eyré: A Nosa Terra 29-03-2007)

"… esta primeira onda feminista foi multiforme e varia, resulta tamén evidente que nela predominou o seu carácter reformista, derivado da ideoloxía liberal que lle deu forma e que o aglutinou …" (Carme Blanco: O contradiscurso das mulleres)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.