Enfermidade infecciosa e contaxiosa, de natureza vírica, que produce febre alta e a aparición de pústulas con bostelas que ao caeren adoitan deixar marcas na pel
Etimoloxía
Termo que procede do latín medieval variola 'pústula', que, á súa vez, é o diminutivo feminino de varus ‘espulla’.
Exemplos *
“A vacinación universal podería erradica-la varicela tal como se fixo coa varíola. Cómpre lembrar que a loita contra a varíola comezou case 200 anos antes cá da varicela, cando Edward Jenner iniciou as inoculacións do virus da varíola vacúa.” (Alberto Cifuentes: O Correo Galego, 13-5-2002)
“Os 22 orfos coruñeses que levaron a vacina da varíola a América. Os nenos foron infectados en 1803 para transportar "in vivo" o remedio en barco.” (Eduardo Rolland: GCiencia, nº9, 4-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


