Cuarto reservado para facer as necesidades naturais do corpo
Etimoloxía
Adaptación da expresión británica water closet que significa ‘retrete’.
Exemplos *
“O ano pasado fixéronlla a un compañeiro que atoparon no váter dun local de Vigo.” (Antón Lopo: Ganga, 2001)
“En casas sen váter o acto de botar unha carta ao Rei tornábase problemático se non flexionabas os dous xoellos.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.