Mamífero ruminante da orde dos artiodáctilos, de pelo áspero, patas longas e rabo curto, do que o macho ten dous cornos gallados, que caen e se renovan cada ano
Etimoloxía
Chega desde o latín venatum ‘caza’.
Exemplos *
“Un par de seráns na miña casa con músicos e trobadores galegos e unha saída para cazar veados poden servir facilmente para xustificar unha viaxe de lecer. Botardes moito máis tempo daría que falar e é o que menos vos convén.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)
“O seu pai decidiu inicialo nas artes da caza. Saían ao amencer e coa axuda dos lobos, que se converteron nos cans de caza da familia, seguían as pegadas dos animais grandes do monte: veados e xabarís.” (Manuel Janeiro: A fada das lapas, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.