Que xa é vello.
Etimoloxía
Termo formado desde o latín vulgar *veteraneu que, á súa vez, bebería do clásico veteranus, –a, –um 'veterano'.
Exemplos *
"A matrona vedraña, que era chamada Rut, mirou en fite a Xosé." (Benardino Graña: Protoevanxeo do neto de Hérodes)
"Coido que o noso vedraño amigo, frei Agostiño, falou coma un libro… coma un bo libro aberto." (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.