vela

Deporte náutico que se practica con embarcacións deste tipo

Etimoloxía

Deporte que toma a denominación do termo “vela” que vén do latín vela que é o plural velum ‘tea’.

Exemplos *

“A vela é un deporte caro, moita xente ten que deixar de competir.” (Antonio Cendán: A Nosa Terra, 29-1-2009)

“A partir de aquí só queda falar un pouco da navegación, que no caso da vela ten uns conceptos importantes tales como: -Barlovento: Dise da banda por onde vén o vento.” (Severino A. Gestoso Lago: Iniciación Profesional Marítima, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.