velar

Quedar esperto durante o tempo que se dedica normalmente a durmir

Etimoloxía

Termo que nos chega desde o latín vigilare ‘cuidar’, ‘estar esperto’ ou ‘mirar’.

Exemplos *

“Houbo un tempo no que era moi competente no meu traballo, facíao coa mellor das caras, coa maior dilixencia, con pulcritude. Remataba todo a tempo e se facía falta quedaba a velar horas, aínda que non me pagasen nada por elas.” (Claro do Roxo: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)

“E o campo floreceu de pavillóns e máquinas de guerra, e a noite ardeu con moitas cacharelas; e os galegos durmiron, agás as sentinelas que puxeran; mais os mouros velaron case todos.” (Darío Xohán Cabana: Morte de Rei, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.