velleiro, -a

Que é máis ben vello.

Etimoloxía

Palabra creada a partir de vello que procede de vetulus, –a, –um 'velliño'.

Exemplos *

"O capitán, un home xa velleiro, tiña asento na illa de Chipre, e algúns comentaban que o Demetrius era del." (Xosé Neiras Vilas: Galegos no Golfo de México)

"Era un homiño pequenote, un tanto despreocupado e xa velleiro." (Manuel García Barros: As aventuras de Alberte Quiñoi)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.