Calidade de vello / Período da vida no que un é vello
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “vello” que vén do latín vetulu que é diminutivo de vetus ‘vello’.
Exemplos *
“Unha ave gris e antiga que percorre cos seus ollos acibeches cada recanto, cada botella, as pregaduras das alfombras, deixando esmorecer todas as cousas, enchéndoas de cansazo e vellez .” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)
“A morte seguía reclamando uns trapos escuros en sinal de dó e de recollemento; en cambio, isto xa non se podía dicir da vellez. A vellez, o que era vellez, xa non se vivía coma antano.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.