vello, -a

Persoa de moita idade.

Etimoloxía

Procede da forma latina vetulus, -a, -um, que era o diminutivo de vetus, -eris 'vello'.

Exemplos *

"Os vellos deben gardar amores antigos, porque axúdanlles a vivir; pero morren cos amores novos, e a súa morte fai rir ás xentes." (Castelao: "Prólogo" de Os vellos non deben de namorarse)

"Os vellos non deben de namorarse (1941) é, segundo o propio autor, "un aviso de tres estalos que lle damos ós vellos namoradeiros …"" (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.