velódromo

Recinto deportivo cunha pista de forma elíptica ou circular, onde se celebran carreiras ciclistas

Etimoloxía

Palabra de orixe francesa que se forma coa palabra latina velox 'veloz' e da palabra de procedencia grega drómos 'pista de carreiras'.

Exemplos *

“O velódromo debeu seguir, cando menos, ata 1905. Nos primeiros anos do século, os grandes triunfadores, naquel lugar, foron os Gerardo Campos, Manuel Ocaña, Manuel González Fresco e César Baraja, entre outros.” (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós, 1991)

“Despois da Guerra Civil organizábanse veladas de boxeo no antigo velódromo, que estaba pola zona do cine.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.