vencemento

Feito de rematar un prazo, ou de chegar algo ao termo da súa validez

Etimoloxía

Termo derivado sobre o verbo “vencer” que vén do equivalente latino vincere.

Exemplos *

“Así souben que había un grave problema de vencementos e que o pai puña en dúbida as habilidades contabilísticas do De la Huerta: –Estou a gastar unha fortuna en conferencias a Madrid –laiábase–, fágolle mil advertencias, e nada...” (Xabier Alcalá: Código Morse, 1996)

“O Organismo de xestión da terceira canle de cada Comunidade Autónoma virá obrigado a satisfacer, ó vencemento de cada ano, un canon pola utilización da rede.” (Parlamento Galego: Lei 10/1983 do 9 de decembro, reguladora do Consello Asesor de RTVE en Galicia, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.