venda

Peza de tea, xeralmente de gasa, que se emprega para cubrir feridas.

Etimoloxía

Aparece desde o xermánico binda 'faixa', 'tira' que viría, á súa vez, do gótico gabinda 'atadura'.

Exemplos *

"Sentou nun sofá de cor azul mariña e agardou a que ela aparecese con todo o equipamento de desinfectantes, vendas e esparadrapos." (Xosé Ramón Pena: Paixóns privadas)

"Marisa Mallo levaba unhas vendas hospitalarias a xeito de pulseira." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.