Operación de coller as uvas das videiras.
Etimoloxía
Procede da forma latina vindemia, formada a partir de vinum 'viño' e o verbo demere 'tomar, coller un froito'.
Exemplos *
"… primeiro a recolleita das froitas do verán, despois a colleita das olivas, as festas de Aninovo, as da Expiación e do Gran Perdón, as labranzas, as sementeiras dos meses de Tixri e Marchesvan, a vendima, a festa dos tabernáculos …" (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes)
"A cociña estaba chea de luz branquiña coma os días de vendima pola mañá cedo cando baixabamos todos na furgoneta do papá a buscar as uvas." (Antón Dobao: Incertos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


