Recoller o froito das videiras.
Etimoloxía
O seu étimo é a voz latina vindemiare, formado coa combinación de vinum e o verbo demere 'apañar'.
Exemplos *
"Ó rematar o verán será o momento de vendimar, cando os figos vendimos estean maduros." (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)
"E despois hai que vendimar. Faise a finais de setembro ou mediados de outubro …" (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


