ventada

Golpe forte de vento

Etimoloxía

Palabra derivada que nos leva a estoutra “vento” procedente da latina ventu de significado semellante.

Exemplos *

“A chuvia minuciosa ou en altas e ventadas ondadas no Obradoiro, tantas veces rematadas por unha raiola do sol –non sabemos se gabanciosa ou burlona– ao que só lle faltaba o triángulo de Yavhé para lanzar unha proclama.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra, 2010)

“O ar frío espantábaos e só, moi de cando en vez, aparecía un procurando abeiro nas hedras espesas dos muros ou entre as sebes de buxos. Voaba con dificultade e semellaba que unha ventada o botaría de xeito fatal contra as pedras do pozo.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.