ventilador

Aparello que serve para ventilar

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo “ventilar” que vén do latín ventilare ‘airear’.

Exemplos *

“No recanto, un ventilador antigo non é quen de remexer abondo o tépedo aire da sesta estival, que entra espeso coa calor de fóra.” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)

“Só se escoitaba o son das aspas dos ventiladores que daban voltas a toda mecha. Ía calor e os paneis reguladores da temperatura abríanse para deixar correr o pouco aire que había.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.