vento

Aire atmosférico en movemento.

Etimoloxía

Tomouse da denominación latina, ventus, -i.

Exemplos *

“O vento que vén do mar é un airiño lixeiro. A Chaira vén enxugar seu acento mariñeiro.” (Manuel María: Terra Chá)

“Ondeando sobre o trigo dime un vento manseliño: “¡Que tivera amor, amigo, pra llo dar a un paxariño…!” (Manuel María: Terra Chá)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.