vento

Aire atmosférico en movemento

Etimoloxía

Palabra patrimonial que xorde no latín ventus de significado semellante.

Exemplos *

"Unha fulada de vento, de sócato, comoveu o ar. E unha nube moura esbarou polo ceu. Laiaron-se as árbores docente, e agiña se velou o sol. A abóbada azul fixo-se gris e fria. E a chúvia comezou a cair." (Ricardo Carballo Calero: "As pitas baixo a chúvia" en Narrativa Completa, 1984)

“Batallando contra os ventos fortes, as temperaturas frías e o osíxeno baixo, a camiñada ata preto do alto do volcán Santa María en Guatemala, foi solitaria e difícil.” (Dosi Veiga: GCiencia. O portal da ciencia galega, 4-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.