ventrículo

Pequena cavidade nun órgano, en particular, cada unha das dúas cavidades inferiores do corazón, que reciben o sangue das aurículas e o envían ás arterias.

Etimoloxía

Esta forma en latín era un diminutivo de venter, -tris ‘ventre’.

Exemplos *

“A revista The Lancet publica un artigo que demostra que hai evidencias dun aumento a disfunción sistólica do ventrículo esquerdo nos consumidores a longo prazo da droga.” (De Luns a Venres 11-05-2007)

“Tiñan dous corazóns nun só pericardio, o de Ritta gravemente deformado: as válvulas intraauriculares estaban furadas e tiñan dúas veas cavas superiores abertas cara a cadanseu ventrículo.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.