Que nace e medra sen ser plantada nin sementada / que vive fóra da casa, procurando el mesmo o seu propio alimento
Etimoloxía
Palabra derivada destoutra “ventura” que bebe da latina ventura, neutro de venturus ‘futuro’, ‘o que vén’.
Exemplos *
“Os amorotes ventureiros que apañabamos de nenas nas beiras do río foron soterrarse na lama.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)
“Corría e corría, pero troupeleaban nos camiños os seus pezuños, as súas sedas rabuñaban os fieitos tenros ou esfollaban as flores ventureiras, e as súas fauces cofaban as miñas pernas.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.