Estación máis calorosa do ano, que segue á primavera e precede ao outono e que, no hemisferio norte, vai desde o vinte e un ou vinte e dous de xuño ata o vinte e dous ou vinte e tres de setembro
Etimoloxía
Voz que procede do latín vulgar veranum tempus ‘primeira parte do verán’.
Exemplos *
“O vigor verde da primavera e a plenitude do verán estaban en decadencia e aquel anaco de bosque caducifolio anunciaba xa a súa próxima rendición ante o outono.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortés, 2021)
“Mirou pola fiestra, e alegroulle ver que saíra un sol forte e claro, sen nubes á vista. Por fin comezaba a intuírse o verán do norte, que chegaría pronto, aínda que a temperatura aínda era fresca.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


