veraneo

Acción de veranear

Etimoloxía

Substantivo que se forma sobre “verán” que vén dun termo latino *veranu ‘tempo de primavera’ que deriva de ver ‘primavera’.

Exemplos *

“Ela oíra aos seus pais cando era nena, mais non atendera ao conto, non eran cousas que lle interesasen daquela e ademais non era da xente con quen ela trataba no veraneo.” (Suso de Toro: Calzados Lola, 1998)

“Lier estaba só; tiña toda a súa familia de veraneo retrasado. Propúxome que fosemos cear xuntos.” (Camilo Gonsar: Desfeita, 1983)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.