verbena

Baile popular ao aire libre, que xeralmente ten lugar de noite

Etimoloxía

Vocábulo que chega do termo latino verbena “arbusto aromático”.

Exemplos *

“Complétase o menú, con sardiñas, pan de millo ou trigo e viño do país, ou mesmo con polbo e churrasco, acompañados da leda música folclórica, para rematar cunha amena verbena.” (Mariano García / Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994)

“El deambulaba extraviado entre o xentío, escoitando a música dunha banda que amenizaba a verbena.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.