esfollar

Facer a esfolla a unha planta, un froito

Etimoloxía

Vocábulo que nos leva ao latín exfoliare ‘quitar as follas’.

Exemplos *

“Pero seguiu a outonar que, despois de sementar o gran, había que esfollar o millo, poñer a horta, coller os nabos, baixar o estrume, partir a leña e sementar as patacas.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)

“Os mandatos prohibindo o traballo en días festivos ou as troulas propias do ciclo agrario e as que tiñan lugar nas longas noites de inverno, para mazar ou fiar o liño e esfollar o millo , son abundantes.” (Pegerto Saavedra: A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1580, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.