verde

De cor semellante á da herba fresca.

Etimoloxía

Tomouse do latín virides, -e, que se refería primeiramente á cor, pero tamén ao vigor.

Exemplos *

“… para Rof a nostalxia da paisaxe materna ten relación coa inmensa gama de verdes que inciden sobre a retina infantil, sendo, para o nacido en Galicia, o verde e o vexetal o seu horizonte… “ (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)

“Os ingleses e os escoceses propagaron e difundiron as regalías e as excelencias de Galicia entre os escandinavos, cualificándoa como ‘verde país, tranquilo e bucólico’.” (Avelino Abuín de Tembra: Galicia Hoxe 28-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.