verdeal

Que tira a verde.

Etimoloxía

Esta forma obtívose por derivación a partir de verde.

Exemplos *

“E o mesmo que fan os espectros, disipouse no azul verdeal do mar ante os ollos atónitos de Lois.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

“Estaban detrás dunha follaxe verdeal que os separaba do terreo achanzado onde se celebraba a verbena.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.