Conxunto de algas miúdas de cor verde, que cobren as rochas da beira do mar / Conxunto de plantas verdes moi miudiñas que medran sobre unha superficie húmida ou cuberta de auga
Etimoloxía
Termo derivado sobre a voz “verde” que procede da latina viride(m) ‘cor verde’. A denominación científica do vocábulo é ulva intestinalis.
Exemplos *
“O mar cheiroume a ti e ó lonxe, o verdello cubriu a praia; mentres, caía unha folla e as outras escentilaban ó lonxe a través do ceo.” (Navia Franco Barreiro: Historias de Edel, 1994)
“Axudados polo mariñeiro saltaron á escala que se atopaba chea de verdello porque a marea estaba moi baixa.” (Julio Pena Santos: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.