Calidade do que é verde.
Etimoloxía
Deriva do adxectivo verde, resultado da evolución do latín virides, -e 'cor verde', pero tamén 'vigoroso' e 'novo'.
Exemplos *
"Montou ao raiar da alba e viu amañecer sobre o verdor húmido dos pasteiros." (Xavier Alcalá: Latitude austral)
"Chovía e os grises dominaban no aire ó verdor dos eidos, que por veces acadaban a dozura mesta da esmeralda." (Alfredo Conde: Memoria de Noa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


