verdura

Calquera hortaliza, en particular a de follas comestibles.

Etimoloxía

Formouse a partir de verde, chegado do latín virides –e.

Exemplos *

“… o caldo da casa non ten nada que ver co do veciño, nin co da tía Delia nin co que tomou en Lugo cando fora co pai ó mercado. Nin sequera o de casa é sempre o mesmo, pois varía segundo a verdura do tempo, as patacas…” (J. Daniel Buján Núñez: A pirata Penamoura)

“Utilizamos produtos da terra, fuximos por exemplo do peixe de piscifactoría, e moita verdura, que sempre se usou na cociña caseira pero non nos restaurantes.” (Paula Bergantiños: A Nosa Terra 24-10-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.