verea

Camiño estreito que se vai facendo a por de transitar por el a pé persoas ou animais / Camiño ancho e principal

Etimoloxía

Palabra derivada do latín tardío veredam co mesmo significado que remite a veredus ‘cabalo de viaxe’.

Exemplos *

“Andaron un pouco e entraron de novo na verea do bosque. Un bufar de cabalo chegoulles por un lado. Un pouco máis lonxe, a carón da bidueira que lembraban ter visto antes, o segundo cabalo fungaba e piafaba como se quixese chamalos.” (Luísa Villalta: As chaves do tempo,  2001)

“Fito era un can de palleiro que campaba ás súas anchas polos lameiros, camiños, vereas e searas da bisbarra. Ás veces, visitaba a nosa braña e nos facía as súas grazas.” (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.