vermú

Licor feito con viño e plantas agres que adoita tomarse como aperitivo

Etimoloxía

Termo que ten a súa orixe no alemán Wermut 'absintio', un dos ingredientes co que se elabora a bebida.

Exemplos *

“Os vellos amigos / prensentan-nos as suas mulleres novas. / No vidro do vermouth nace o pasado. / Roda dos dias escolares, / tan doada de apurrar. / O mundo é pra nós un gran de anis, / atlantes de vizosos lombos." (Ricardo Carballo Calero: Pretérito imperfeito (1927-1961), 1980)

"O Viquingo, eléctrico e algo alegre polos vermús e o viño, non parou de falar en toda a comida, alegrando os ollos ao referirse ao barco que ía comprar." (Manuel Portas: Denso arrecendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.