verso

Conxunto de palabras que constitúen unha unidade en si mesma seguindo unhas regras de ritmo, rima, número de sílabas etc., que se corresponde polo xeral cunha soa liña do texto poético.

Etimoloxía

Vén do latín versus, -us, que, entre outros significados, tiña o de 'liña dun escrito'.

Exemplos *

"Son típicos aqueles onde a primeira letra de cada verso compón unha dedicatoria ao destinatario do poema." (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade)

"Unhas ganas insaciables de sentírense expedicionarios da palabra, de se iren construíndo verso a verso, de tratar de procurar nomes ás emocións que os moven." (Yolanda Castaño: Galicia Hoxe 06-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.