Lugar onde se verten cousas que non serven, o lixo etc.
Etimoloxía
Palabra derivada sobre estoutro “verter” que vén do latín vertere ‘dar volta’.
Exemplos *
“A proliferación de vertedoiros, moitos deles incontrolados, levou a que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea sancionase o Estado español en dúas ocasións.” (X.M. Piñeiro: Sermos Galiza, 30-5-2019)
“Calquera estrada local ofrece máis vertedoiros de lixo –alegres, xenerosos e espontáneos– ca hórreos. Hainos en praias, en castros prerromanos, nos arrós dos ríos, nas corredoiras e nos calvelos dos montes.” (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


