vertedura

Material de refugallo que foi vertido, en particular no mar

Etimoloxía

Creación que toma como base o verbo “verter” que procede do equivalente latino vertere cun significado semellante.

Exemplos *

“En Nixeria, con todo, ninguén tomou esas precaucións, e os recoñecementos aéreos mostran como moitos pozos rebentaron, creando verteduras e mareas negras.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“Máis dun cento de aves mariñas afectadas por unha vertedura de orixe descoñecida na costa galega.” (Susana Rois: Nós diario, 7-4-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.