Folla da col
Etimoloxía
Chega desde a palabra do latín vulgar virdia ‘verduras’ que procede do adxectivo clásico viridis ‘verde’.
Exemplos *
“...mantendo como referencia a receita dezá, cómpre dicir que aínda sendo (...) o grelo a verdura máis comunmente aceptada, en moitos lugares onde a terra o dá de calidade, (...), a elección sería o repolo e mesmo en algúns outros a verza ou os seus bertóns.” (Isidro Novo: Galicia Hoxe, 16-03-2011)
“Díxolle que sentara á mesa e púxolle diante o que había na casa: caldo de unto, con verzas e feixóns, e unha codia de pan do día.” (J.A. Xesteira: Contos de familia, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.