vesgo, -a

Que ten a vista torta, cada ollo mirando nunha dirección

Etimoloxía

Pénsase que a palabra está relacionada coa latina *versĭcus, derivada de versus 'volto'.

Exemplos *

“(...) dexerguei entre as camareiras unha expresión de abraio: era Sulaima. A mirada vesga e vulnerable non lle roubara a súa mocidade nin crebara a imaxe que eu intuíra da súa beleza.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)

“Selenco, o capitán, fíxoo o seu segundo, e subindo ambos ó constratum, mentres a tropa descargaba as mercancías nun porto do Ponto, abriulle os ollos ó dicirlle: «Nós somos vesgos, eles son cegos. Por iso deixan que mandemos».” (Xosé Miranda: O demo á orella, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.