Moi vello ou antigo.
Etimoloxía
Cultismo que chega do equivalente latino vetustus, –a, –um 'vello, de idade'.
Exemplos *
"¡Como botaba de menos aquel vetusto santón!" (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)
"Unha criada, campesiña, solteirona e vetusta trata a Sofía cun respecto pouco usual!" (Xosé Antonio Perozo: Martázul)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.