vexación

Acción e efecto de vexar.

Etimoloxía

Chega directamente do latín vexatio, –onis 'perturbación', 'tremor' ou 'maltrato'.

Exemplos *

"Xa se rexistraran noutras ocasións casos de torturas e vexacións inflixidas polo mesmo Xefe Xeral de Seguridade en persoa." (Conchi Regueiro: Tempos agradables)

"Amei (…) a teima pola vida e pola preservación e continuación nacional deste país por parte dos que sufriron cárcere, persecución, destitución dos seus cargos, exilio e mesmo vexacións levándoo cunha dignidade modélica e sobre todo sen ira." (Manuel Xosé Neira: O Correo Galego 14-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.