Acción e efecto de vexar, someter a alguén a continuos abusos ou malos tratos
Etimoloxía
Palabra que vén da latina vexamen ‘conmoción’.
Exemplos *
“Non botou a esa muller vella e enferma, inútil para todo, da súa propia casa, non, de ningunha maneira, aplicoulle a reo tódolos vexames posibles ata que finalmente ela mesma coidou que estaría mellor atendida nun asilo da caridade.” (Úrsula Heinze: Remuíños en coiro, 1984)
“Alí estaban as voces, as valentes, heroicas voces das compañeiras e compañeiros que sobreviviron, relatando vexames que ninguén pensaría que un ser humano (?) podería inflixir a outro.” (Luz Darriba: Nós Diario, 2-11-2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.